Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de convocatoria de persoal laboral fixo.

A alcaldía, por Resolución do 26 de maio de 2000, acordou dar publicidade á convocatoria unitaria dos procedementos de selección para a provisión das prazas vacantes de persoal laboral desta entidade, a que fai referencia a oferta de emprego público desa corporación para 2000, como prórroga da oferta de emprego público de 1999, e de conformidade cos acordos municipais sobre a materia e segundo as bases aprobadas en sesión do 21 de decembro de 1998.

Prazas de persoal laboral fixo.

-Unha de oficial 1ª electricista, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

-Unha oficial 2ª pintor, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

-Dous de peón de limpeza e servicios múltiples, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

-Dous de conductor de maquinaria municipal-operario de servicios múltiples, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

-Unha de peón de mantemento e servicios múltiples, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

-Unha de recepcionista de piscina municipal, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación parcial.

-Unha vixilante-auxiliar de policía municipal, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

-Unha de auxiliar administrativo, con nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, dedicación plena.

Prazo de presentación de instancias: vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

As bases da convocatoria aparecen publicadas no BOP de Lugo nº 172, de 29 de xullo de 1999.

Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Lugo e taboleiro municipal de edictos.

Xove, 26 de maio de 2000.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario