Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó réxime especial do mar na provincia de Pontevedra.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións

nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó réxime especial do mar na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na Avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 15/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó réxime especial do mar na provincia de Pontevedra.

b) Lugar de execución: no territorio nacional.

c) Data: do 16 ó 31 de xullo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.500.000 ptas. (sete millóns cincocentas mil pesetas) 45.075,91 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidades: a documentación estará exposta en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A información proporcionarase na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, nas súas dependencias de Vigo, Avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202.

b) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

c) Fax: 986 81 72 01.

d) Data límite de obtención de documentos e información: tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas, ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto nº 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra, en Avda. Vigo, s/n de Pontevedra, ou nas súas dependencias de Vigo, Avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: Avda. Cánovas del Castillo, s/n en Vigo.

c) Data: sexto día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas.

d) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 25 de maio de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra