Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico terapia cirúrxica con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo. (SCS-51/2000) (6 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento electromédico terapia cirúrxica con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (6 lotes).

Orzamento: vintesete millóns cen mil pesetas, IVE incluído (27.100.000 ptas.) (162.874,28 euros).

Lote 1: equipo de isquemia automático. 900.000 ptas. (5.409,11 euros).

Lote 2: bisturí eléctrico. 4.050.000 ptas. (24.340,99 euros).

Lote 3: desfibrilador. 850.000 ptas. (5.108,60 euros).

Lote 4: equipos de anestesia. 9.300.000 ptas. (55.894,13 euros).

Lote 5: motor cirúrxico. 2.500.000 ptas. (15.025,30 euros).

Lote 6: torre endoscopia cirúrxica. 9.500.000 ptas. (54.096,15 euros).

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: máximo 30 días.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes. Cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dous.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000.

José María Hernández Cochón

Presidente do Servicio Galego de Saúde