Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Criadores de Visón (Agavi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 18 de abril de 2000 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Marcelino Couto Martínez, avalada co visto e prace do presidente, Isidoro Cisneros Antolín, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea xeral do día 28 de xuño de 1999, e que consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais