Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 3 de maio de 2000, da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se notifica a apertura do expediente sancionador PO-102/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a apertura de expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para presentar ante a Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vilagarcía de Arousa as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente relacionado de seguido atópase á disposición dos interesados na citada delegación, sita na r/ Alto da Rosa, s/n, O Carril - Vilagarcía de Arousa.

Nº de expediente: PO-000102/2000.

Denunciado: Celestino Muelle Rodil.

Enderezo: Lugar Outeiro, 9, Adina - Sanxenxo.

Vilagarcía de Arousa, 3 de maio de 2000.

Fco. Javier Piñón Cimadevila

Delegado comarcal de Vilagarcía de Arousa