Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 55/1998).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas aéreas a 15/20 kV e centros de transformación nos lugares de Curro e Asadiño, no termo municipal de Abegondo, (expediente 55/1998), por resolución desta delegación provincial do 15 de decembro de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 15 de xuño de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expro

piables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Abegondo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia do 8 de xuño, do 27 de maio e 22 de maiode 1998, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas do referido concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña