Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.515

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (19/2000-4).

Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber que, en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 19/2000-4, notifícaselle a María Genoveva Fernández Piñeiro, a providencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Providencia maxistrado-xuíz Sr. Ramírez Sineiro.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2000.

Pola que S.Sª., tendo en conta do contido dos autos número 19/2000-4, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, e que resulta aplicable a vía procedemental correspondente ó procedemento abreviado, omitida aquela preceptiva interposición directa de demanda, de conformidade contrario sensu cos artigos 78.2º, 45.3º e 45.3 da Lei número 29/1998, do 13 de xullo, reguladora

da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda outorgarlle oportuno prazo de dez días, co fin de que aquela promovente emende semellante omisión procedemental, así como compareza en autos en legal forma, con asistencia de letrado en todo caso, segundo o disposto no artigo 23.1 da citada norma legal, con expresa advertencia de arquivo das actuacións.

Mándao e asínao S.Sª. do que, como titular da súa secretaría, dou fe».

E para que lle sirva de notificación á demandada María Genoveva Fernández Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de maio de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario