Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO PPA (1/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 12 de maio de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan parcial do Parque Ofimático para a ordenación do sector de solo urbanizable S-10, presentado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai pública para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na Avenida da Mariña, 18, das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación serán aboados polo promotor do proxecto: IGVS.

A Coruña, 18 de maio de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo