En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de maio de 2000, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:
«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Castelo.
2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Tordoia e Coristanco queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria