Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A alcaldía, con data do 2 de maio de 2000, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Establecer como novo sistema de actuación do polígono H11.05 (Eirís de Arriba II) o de cooperación.

Segundo.-Iniciar expediente de reparcelación correspondente o ámbito do citado polígono.

Terceiro.-Requiri-los titulares de bens e dereitos incluídos na unidade reparcelatoria para que presenten os títulos de propiedade correspondentes, e declaren as situacións xurídicas que coñezan e afecten os seus predios (arrendamentos, hipotecas, servidumes, etc.).

A Coruña, 2 de maio de 2000.

O alcalde. P.D. Asdo. Salvador Fernández Moreda (asinado).».

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

A presente publicación producirá tamén efectos para aquelas persoas ás que non se poida practicar notificación personal, polas circunstancias que en cada caso se especifique na dilixencia do notificador,

realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como os titulares de parcelas dos que o nome, domicilio ou ámbolos datos resulten descoñecidos para esta Administración (artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia) e que a continuación se relacionan:

Nº parRef. Catast.Nome e domicilio

19194901Manuel Mosquera Núñez, Frei Pedro Payo, 26-A, A Coruña.
61-142Isidro Gómez Hermo.
111-233Descoñecido.
121-235Descoñecido.

A Coruña, 8 de maio de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Rubricado