Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

EDICTO.

O pleno, na súa sesión ordinaria do 6 de abril deste ano, tivo coñecemento e aprobou o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello.

De conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, esta entidade local abre un período de información pública polo prazo dun mes contado desde a derradeira publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que as entidades e particulares que desexen poidan suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

O Corgo, 11 de abril de 2000.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde