Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO da exposición ó público das resolucións dos expedientes correspondentes ós tripulantes afectados polo plan de recuperación da sardiña ibero-atlántica do ano 2000.

O artigo 13 da Orde do 23 de febreiro de 2000, pola que se establece un plan de recuperación da sardiña ibero-atlántica durante os anos 2000, 2001 e 2002, e se regula a concesión de indemnizacións ós pescadores e propietarios de buques afectados establece que as resolucións dos expedientes correspondentes ós tripulantes se publicarán nos taboleiros de anuncios das delegacións territoriais e comarcais da consellería, despois do anuncio no Diario Oficial de Galicia da súa exposición ó público, polo que esta dirección xeral

ACORDA:

Que as resolucións dos expedientes correspondentes ós tripulantes afectados polo plan de recuperación da sardiña ibero-atlántica do ano 2000 se exporán ó público nos taboleiros de anuncios das delegacións territoriais e comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a partir do 30 de maio de 2000.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca Maisqueo

e Acuicultura