Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 22 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, e por resultar descoñecido o seu domicilio, a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 28 de febreiro de 2000, pola que se resolve non acorda-la suspensión da resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 16 de decembro de 1999, pola que se fai pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 2000.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, a resolución do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais do 28 de febreiro de 2000, que de seguido se reproduce:

«Vistas as solicitudes de suspensión da execución formuladas nos recursos de alzada interpostos por distintos interesados, contra a resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 16 de decembro de 1999, pola que se fai pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 1998, e de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 16 de xuño de 1997, o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dictou resolución, pola que autorizaba a instalación de corenta novas oficinas de farmacia en distintos concellos de Galicia.

Segundo.-Con data do 20 de xaneiro de 1998 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro), o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dicta nova resolución pola que se convoca concurso público para a adxudicación das novas oficinas de farmacia.

Terceiro.-Con data do 26 de xullo de 1999, publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio do 16 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, polo que se fai pública a lista provisional de adxudicatarios e as puntuacións obtidas polos participantes no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Cuarto.-O 16 de decembro de 1999 o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dicta resolución (DOG nº 5, do 10 de xaneiro) pola que se fai pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 1998.

Quinto.-Contra a anterior resolución interpuxéronse diversos recursos de alzada nos que se solicitaba a suspensión da execución da resolución impugnada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais é o órgano competente para resolve-las pretensións formuladas nos recursos administrativos promovidos contra as resolucións dos organismos e autoridades da consellería conforme o disposto no artigo 34.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Segundo.-No procedemento en cuestión observáronse os preceptos procedementais contidos no título VI da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola

Lei 4/1999, así como o disposto no Decreto 288/1996, do 12 de xullo, sobre competencias e procedemento para a autorización de apertura de oficinas de farmacia e na Orde do 4 de novembro de 1996, pola que se establece o baremo para a autorización de novas oficinas de farmacia, modificada pola Orde do 6 de outubro de 1997 (DOG nº 205, do 23 de outubro) e pola Orde do 18 de decembro de 1997 (DOG nº 8, do 14 de xaneiro de 1998).

Terceiro.-Polo que respecta á solicitude de suspensión hai que indicar que no presente caso os recorrentes non acreditaron as circunstancias, que para acorda-la suspensión, esixe o artigo 111.2º, da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, isto é : «prexuízos de imposible reparación» ou «algunha das causas de nulidade do artigo 62.1º».

Así mesmo, é necesario indicar que é doutrina reiterada do Tribunal Supremo (Auto do 12-4-1999, Sala do Contencioso-Administrativo, sección 7ª) que «a suspensión da execución dos actos administrativos como medida cautelar que se adoptará durante a tramitación do proceso no que se impugnan, supón sempre ter en conta a intensidade coa que o interese público reclama a inmediata execución fronte ó interese particular do recorrente de dilata-la referida execución ata que o seu litixio fose definitivamente resolto».

No presente caso hai que dicir que a prevalencia do interese xeneral de axeitada atención farmacéutica que supón a apertura das novas oficinas de farmacia e como ten dito o Tribunal Supremo (Auto do 12-6-1992, Sala do Contencioso-Administrativo, sección 4ª) «o elemento preferente do beneficio do interese público que por definición existe en toda apertura de farmacia nova», obriga a non acorda-la suspensión solicitada.

O anterior argumento vén especialmente reforzado ante a consideración de que non se trata dunha única oficina de farmacia senón de 40.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Non acorda-la suspensión da citada resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 16 de decembro de 1999.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpor, no seu momento, recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder

xudicial, no prazo de dous meses. Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000».

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no devandito artigo 59 da Lei 30/1992, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

ANEXO

ConcursantesDomicilios para efectos de notificación

NomeEnderezo

1Abeledo Graña, Mª JoséEmilio González López 78-7º B,

15011 A Coruña

2Alonso Costas, RubénRepública Argentina 44-3º D

15706 Santiago de Compostela

3Álvarez Pérez, VirginiaAvda. da Coruña 1-3º A

O Burgo (A Coruña)

4Balea Filgueiras, Jesús ManuelAvda. de Portugal 68-3º B

Xixón (Asturias)

5Barja Gonzáles, Mª IsabelRosalía de Castro 63-3º D

Santiago de Compostela (A Coruña)

6Barros Grela, Mª PilarSalvador Allende nº 1-3º G

A Coruña

7Bruña Romero, ÓscarSan Rosendo 33-3º A

Ourense

8Carballo Montenegro, Mª CarmenAvda. da Florida 40-3º B

36210 Vigo (Pontevedra)

9Cuíñas Olmedo, PedroR/ Moledo 92 B,

Ardán 36912 Marín (Pontevedra)

10De Castro-Acuña Leyte, Julio E.Cabo Santiago Gómez nº 4-2º C

15004 A Coruña

11Díaz Touro, RosaJaime Janer nº 103

Viveiro (Lugo)

12Díaz Varela, Inmaculada C.Praza Chico Méndes 2-2º D

Sta. Cristina, Perillo, 15172 Oleiros (A Coruña)

13Fernández Domínguez, Mª ConcepciónR/ Simón Bolivar 3-9º H

Vigo (Pontevedra)

14Fernández González, Rosa MªAvda. de Marín 2-6º D

Ourense

15Fontán Rivas, ÁngelaAvda. Mahía nº 50, portal 3-1º A,

Bertamiráns, Ames (A Coruña)

16García Pombo, AdelinaPintor Seijo Rubio 19-4º B

15300 Betanzos (A Coruña)

17Garra Macho, Mª JesúsPintor Laxeiro 15-3º B

36211 Vigo (Pontevedra)

18Gómez Alonso, Celia MªAvda. Vilaboa 97-3º D

Rutis 15174 Culleredo (A Coruña)

19Gómez Pardo, MartaConga 7-3º

15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

20González Alberte, Mª JoséAvda. da Florida 127-1º A

36210 Vigo (Pontevedra)

21González Barandela, DaríaArquitecto Rey Pedreira nº 12-3º D

A Coruña

22Grela Eirís, Mª IsabelAvda. do Exército 10-20 D

A Coruña

23Ibáñez González, Mª del PinoRúa Paseo 16

32003 Ourense

24Iglesias Martín, IsabelÁlvaro Cunqueiro 20-3º C

36211 Vigo (Pontevedra)

25Infanzón Álvarez, M. NievesConcepción Arenal 55-3º B

27004 Lugo

26Iriarte Altube, Victoria MªAvda. Ramón Ferreiro 14-4º Dta.

27002 Lugo

27Lestón González, SofíaOrillamar 36-2º C

A Coruña

28López López, MiriamRúa Río Eo 5-chalé D-16

Urbanización Os Regos, Oleiros (A Coruña)

29López Ramírez, José LuísR/ Gobela 15-A , 2º B

48930 Getxo (Biscaia)

ConcursantesDomicilios para efectos de notificación

NomeEnderezo

30Martí Mallén, MargaritaRosalía de Castro 10, 5º A

Santiago de Compostela (A Coruña)

31Martínez Fernández, MartaJulia Minguillón, Edif. Apt. 3 nº 4-6º E

Vigo (Pontevedra)

32Oliver Bernal, FernandaDarwin nº 5-2º A

Sta Cristina, Oleiros (A Coruña)

33Pájaro Lago, Divina MªEntremuros 17

15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

34Pérez Lorenzo, SusanaAvda. da Florida 15

36210 Vigo (Pontevedra)

35Pérez Rodríguez, Mª del PilarRepública Arxentina 4-3º B

36201 Vigo (Pontevedra)

36Picallo Díaz, Mª PazCurros Enríquez 37-4º O

O Graxal, Cambre (A Coruña)

37Pimentel Alonso, RosaBaldráns-Rapado 15

Tui (Pontevedra)

38Prieto Barros, Jorge JesúsSeoane-Barcala-17

15837 A Baña (A Coruña)

39Quinteiro Alonso, Mª del PilarRúa Antonio Ríos 72-2º B

15009 A Coruña

40Rivas Grande, Mª ElenaOs Basquiños 35-1º

Santiago de Compostela (A Coruña)

41Romero Pacios, DanielPraza Chico Méndes 2-2º D

Sta. Cristina, Perillo 15172 Oleiros (A Coruña)

42Rozados Lorenzo, Mª JoséMoledos 92-B-baixo

Ardán, Marín (Pontevedra)

43San Martín Mallo, ElenaGarcía Barbón 108-4º D

Vigo (Pontevedra)

44Sánchez Fernández, ElenaRúa da Merca 8

32004 Ourense

45Sánchez Otaegui, IgnacioCarabela La Pinta 10-1

Baiona (Pontevedra)

46Sandá Gómez, EmmaR/ Igrexario 12-baixo

15150 Zas (A Coruña)

47Sardiña Rivera, EvaDoctor Fleming 45-baixo

Ourense

48Suárez Bermúdez, SusanaAvda. García Barbón 104-3º 7

Vigo (Pontevedra)

49Suárez Berea, MónicaRúa Espiñeira nº 10-2º B

15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

50Teijeira Bautista, MartaLisboa, R-5.1, 20B-5º D

15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

51Torrente Socastro, Ana BelénAvda. dos Mallos 36, 3º

15007 A Coruña

52Varela Suárez, Mª ElenaRúa Xuncal 1, 1º D

Sta. Cristina, 15172 Oleiros (A Coruña)

53Vázquez López, AmeliaR/ Rocafort 251, 2º-2ª

08029 Barcelona

54Vázquez Pérez, ElenaPizarro 55-8º-10ª A

36204 Vigo (Pontevedra)

55Villamor Seoane, Mª YolandaRosalía de Castro 40-4º D

Ames (A Coruña)