Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/382-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Conejos Gallegos Cogal, S.C.L.

Domicilio social: Alceme, 36530 Rodeiro.

Denominación: central de coxeración en Alceme.

Situación: Rodeiro.

Descricións técnicas: grupo coxeración composto por un motor caterpillar 712 kW 100 R.P.M. xerador SR4B 670 kW e 400 V, caldeira 350 kg/H 8 BAR. Tanque combustible enterrado 36.000 gasóleo. Tanque nutriz 1.000 l. Centro de transformación 1.000 kVA relación de transformación 400/20.000 V. Trafo auxiliar 100 kVA sistema de

control, protección, sincronización e manobra. A instalación esta situada en Alceme, no concello de Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra