Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/101-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 39, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Seixal II.

Situación: concello de Crecente.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 0,474 km de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio s/n da L.M.T. Arbo ata o C.T. proxectado O Seixal II. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V no concello de Crecente. R.B.T. aérea de 0,509 km de lonxitude con conductor tipo R.Z., con orixe no C.T. existente no Seixal. R.B.T. aérea de 0,01 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. con orixe no C.T. proxectado O Seixal II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra