1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servico de Xestión Económica e Contratación. c) Número de expediente: 16/2000.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: adquisición de hardware e software e do seu mantemento para informatiza-lo rexistro xeral da Universidade de Vigo. b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: 1 mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: Importe total: 10.000.000 de pesetas, IVE incluído.
5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/Areal, nº 46-edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/Areal nº 46 -planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo -36201.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.
9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 19 de maio de 2000.
P.D. (Resolución 3-3-1999)
Julio Taboada Pérez
Xerente