Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de abril de 2000, do recadador de zona de Lugo, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Diéguez Vázquez, José Manuel e tres máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular de zona de Lugo, por medio deste anuncio fai saber que se

segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV, título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa, perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

Lugo, 18 de abril de 2000.

Roberto Vázquez Fermoso

Recadador de zona de Lugo

ANEXO

InteresadoNIFData

da dilixencia

Tipo

de dilixencia

Diéguez Vázquez, José Manuel33.834.717-S23-3-2000Embargo inmobles

García Ferrándiz, Luis Carlos33.318.145-T28-2-2000Embargo contas

Núñez Gómez, Manuel33.740.618-D29-3-2000Resultado poxa

Roca Montenegro, Ramón33.850.701-Z23-3-2000Embargo inmobles