Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.318

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de telefonistas convocadas por Resolución do 23 de febreiro de 2000 (Diaro Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1. da Resolución do 23 de febreiro de 2000 (DOG do 21 de marzo), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de telefonistas vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade

RESOLVE:

Aprobar-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (Rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado co Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emenda-los defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

A Coruña, 5 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña