Aprobado inicialmente o proxecto de bases e estatutos de actuación para a Xunta de Compensación de Unidade de Xestión 5, promovido por Manuel Pousada Carballo, en cumprimento no disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, para os efectos de poder formular as reclamacións que consideren oportunas as persoas e entidades interesadas.
Moaña, 17 de abril de 2000.
O alcalde
Rubricado