Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración consistente na adquisición de mobiliario para as novas oficinas dos servicios centrais do organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Teléfonos de información: 981 56 37 27 e 981 56 37 80.

c) Nº de expediente: OH.SC/2000.045.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: adquisición de mobiliario para as novas oficinas dos servicios centrais do organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: praza de Camilo Díaz Valiño, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Datas de entrega: 11 de xullo de 2000 e 11 de xaneiro de 2001.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase nos termos do artigo 18.a) da LCAP, pola relación das principais subministracións, similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os tres últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

d) Tramitación: urxente.

e) Procedemento: aberto.

f) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintetrés millóns duascentas mil (23.200.000) pesetas.

5. Garantías.

Provisional: catrocentas sesenta e catro mil (464.000) pesetas.

Definitiva: novecentas vinteoito mil (928.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

A documentación de interese para os licitadores poderá examinarse en días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións nas dependencias do Servicio Territorial Galicia, Centro do organismo autónomo Augas de Galicia sitas na rúa Rodríguez de Viguri nº 47 baixo B, Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sito nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

8. Apertura de ofertas.

a) Data: o cuarto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte ó do remate da presentación de ofertas.

b) Hora: ás 10 horas.

9. Gastos do anuncio.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia