Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.245

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 15 de maio de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante orde do 11 de abril de 2000 (Diario Oficial de

Galicia nº 78, do 24 de abril), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se cita no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicio, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

Apelidos e nome: Manuel Vecoña Pérez.

NRP ou DNI: 3495018802A2061.

Grupo: A.

Corpo ou escala: especial.

Posto de traballo: Servicio de Arquitectura.

Cód. posto: CUC040000215770004.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.