Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU 6/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 14 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización no río de Quintas, Palavea, presentado por Promociones Inmobiliarias Iglesias, S.L.

2. Requirir a Promociones Iglesias S.L., para que constitúa unha fianza de 180.000 ptas. en concepto de garantía de execución das obras de urbanización.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 24 de abril de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo