Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

Unha vez presentado polo equipo técnico redactor a avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, e do que se lle deu conta ó Pleno Municipal na sesión do día 26 de abril último, ábrese un período de información pública durante un mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o referido prazo os interesados e particulares poden suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Barbadás, 15 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado