1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: organización da reunión mundial de expertos en educación ambiental.
2.2. Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cincuenta millóns (50.000.000) de pesetas, IVE incluído, (300.506,05 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento da contrata: un millón de pesetas (1000.000) (6.010,12 euros).
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento da contrata: dous millóns de pesetas (2.000.000) (12.020,24 euros).
7. Documentación e información.
7.1. Documentación.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños, nº 2.
7.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente