1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selado e rexeneración ambiental do vertedoiro de R.S.U. do concello de Ferreirra de Pantón (Lugo).
2.2. Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vintesete millóns catrocentas cincuenta mil trescentas vintecinco pesetas (27.450.325) pesetas, IVE incluído (164.979,78 euros).
5. Fianza provisional: non se esixe.
6. Fianza definitiva.
4% do ozamento da contrata: un millón noventa e oito mil trece (1.098.013) pesetas (6.599,19 euros).
7. Obtención da documentación.
7.1. Copístería Copy Nino.
7.2. Enderezo:rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.
7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
7.4. Teléfono: 981 58 89 38.
8. Información.
8.1. Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.
8.2. Teléfono: 981 54 17 49.
9. Requisitos específicos do contratista.
9.1. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría D.
10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil se trasladará ó seguinte día hábil.
10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución da obra de clausura, selado e rexeneración ambiental dos vertedoiros de R.S.U. dos concellos de Chantada e Ferreira de Pantón, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, e no seu interior a acreditación da clasificación esixida para cada unha delas.
11. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente