Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista a CN Travel con XG-185 e casa central na rúa Vigo, 8, edificio Villa Urbana de Sanxenxo.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Ramón Fernández Seijas, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Seijas Otero, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título licencia da axencia de viaxes do grupo maiorista.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 4 e seguintes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Conceder título licencia de axencia de viaxes do grupo maiorista, co XG-185, á CN Travel, con casa central en Sanxenxo, na rúa Vigo, 8, edificio Villa Urbana, da que é titular a entidade mercantil Seijas y Otero, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo