Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T.S. Samoedo.
Situación: Sada.
Descricións técnicas: recuamento L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 384 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte do apoio nº 11 da L.M.T. aero-subterránea a C.T. Pedreiras e final na conexión coa L.M.T.S. existente en Samoedo. Concello de Sada.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 25 de abril de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña