Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: José López Freire Vila.
Domicilio social: As Pías, 27000 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Congelados Freire.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 162 m de lonxitude. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en conductor R.Z., de 400 m de lonxitude, para servicio do Colexio Promotora Educativa Lucense.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 22 de febreiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo