Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.176

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

ANUNCIO (59/1999).

En cumprimento do disposto no artigo 47.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA) faise público a interposición e admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo que a seguir se indica.

Número de recurso: procedemento ordinario 59/1999.

Data de interposición: 20-10-1999.

Recorrente: procuradora María del Carmen Camba Méndez, en nome e representación de Luis Míguez Losada, Antonio Pérez Fraga, José Manuel Pena Fernández e Modesta Freire Leira.

Administración autora da actuación impugnada: Dirección Xeral de Industria, Consellería de Industria e Comercio.

Actuación impugnada: resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, do 13 de agosto de 1999, desestimatoria dos recursos ordinarios interpostos contra a resolución da Dirección Xeral de Industria, do 30 de setembro de 1998, resolutoria do expediente co número de 98/137.

A Coruña, 4 de novembro de 1999.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado