Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.171

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 2 de febreiro de 2000, correspondente á categoría 31 (titulado/a superior de formación ocupacional) do grupo I (lista A).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 10 de abril de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Pilar Gil Romero contra a Resolución do 2 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 31 (titulado/a superior en formación ocupacional) do grupo I (lista A2).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 2 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 31 (titulado/a superior en formación ocupacional) do grupo I, cos datos seguintes:

-Mª Pilar Gil Romero.

DNI número 36.074.070 -lista A2- puntuación 29,00 puntos.

-No posto número 2 para o ámbito territorial D0000.

-No posto número 2 para o ámbito territorial D1500.

-No posto número 2 para o ámbito territorial D3200.

-No posto número 2 para o ámbito territorial D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública