Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de apertura de expediente de caducidade do título habilitante para a explotación dunha granxa mariña sita no Lg. de Seráns, parroquia de Muro, concello de Porto do Son, da titularidade de Granja Marina Nastos, S.L. (C-1174-CAD).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á sociedade Granja Marina Nastos, S.L., con último enderezo coñecido en Porto do Son (A Coruña), lugar de Seráns, a apertura do expediente de caducidade do título habilitante da granxa mariña sita no lugar de Seráns, parroquia de Muro, concello de Porto do Son (A Coruña) por levar inactiva a súa explotación un tempo superior a dous anos, sendo esta causa de caducidade das recollidas no artigo 72, letra a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio), así como por terse efectuado o seu aluguer a terceiras persoas, o que constitúe causa de caducidade segundo a letra i) do antedito artigo 72.

Así mesmo, comunícaselle que no dito expediente de caducidade actúa como instructor Fernando Fernández Paradela, xefe da Sección de Acuicultura, e como secretaria Elena Bazarra Ramos, xefa do Negociado de Acuicultura.

O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta cédula no DOG, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (r/ Ramón y Cajal nº 1-5ª planta-Casa do Mar) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.

A Coruña, 12 de abril de 2000.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña