Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 00/187).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Denoy, S.A., con enderezo social para efectos de notificación na Isaac Peral, 2 polígono industrial do Tambre, Santiago de Compostela (A Coruña), para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Planta de producción de enerxía eléctrica que achegue a electricidade e enerxía térmica necesaria para o tratamento e reducción de zurros procedentes da explotación gandeira que a empresa posúe, composta por dous grupos motor -xerador alimentados con fueloil, de 6.150 kVA cada un, e estación transformadora de intemperie de 13 MVA e r/t 6/66 kV.

Lugar onde se vai establece-la instalación: explotación gandeira da empresa en Santo Estevo do Campo -Arzúa (A Coruña).

Orzamento: 301.098.262 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo Monelos s/n.-150071 A Coruña.

A Coruña, 8 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña