Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra que se cita.

Título do proxecto: LU-00-01. Luz pública en Castro de Ribeiras de Lea.

Orzamento: 30.080.105 pesetas.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á súa disposición na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Ronda da Muralla, 70-2º (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro Xxral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado nin en festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas; a suficiencia económica deberá xustificarse

de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 15 de maio de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo