Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 27 de marzo de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 17B (U-17B) As Hortas-O Pombal do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido por Alfredo Soto Casal.

Así mesmo, na sesión do día 24 de abril de 2000, a Comisión de Goberno aprobou inicialmente o proxecto de compensación da citada unidade de execución, promovido polo mesmo promotor.

O ámbito obxecto de actuación ocupa 875,64 m e abrangue os seguintes lindes:

Norte: rúa das Hortas no seu encontro coa rúa de Galeras (campo das Hortas).

Sur: edificación número 9 da rúa do Pombal.

Oeste: campo das Hortas e rúa do Pombal.

Leste: rúa das Hortas e edificación número 59-B desta rúa.

De conformidade co disposto nos artigos 44.3º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde