Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de abril de 2000 pola que se lle notifica a Luis Alonso González e herdeiros a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo por non ocupación 16/1999 da vivenda do expediente C-79, conta 5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (avenida 19 de febreiro, bloque 6, nº 3-B-Dta., Virxe do Chamorro, na cidade de

Ferrol), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Luis Alonso González e herdeiros, beneficiario da vivenda de protección oficial identificada co expediente C-79, conta 5, a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 20 de marzo de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda que lle foi adxudicada e o lanzamento dela por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo non ocupación 19/1999. Resolución.

Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento 16/1999, con base nos seguintes antecedentes de feito:

1. En data do 25 de febreiro de 1999, como consecuencia da solicitude de regularización presentada ó abeiro do Decreto 123/1998, do 16 de abril, por Rosa García Freire, dictouse acordo de iniciación de expediente de desafiuzamento contra Luis Alonso González por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de protección oficial da que é titular, identificada como expediente C-79, conta número 5.

2. Por resultar descoñecido o domicilio do agora expedientado, con data do 5 de abril de 1999 foi publicado o dito acordo no DOG e no taboleiro de edictos do correspondente concello, conforme o establecido polo artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen que foran presentadas alegacións.

3. Con data do 9 de xullo de 1999, a instructora do expediente emitiu proposta de resolución do contrato de acceso diferido que foi publicada no DOG, do 17 de novembro de 1999 e no taboleiro de edictos do concello. Non foron presentadas alegacións.

Feitos probados.

Do exame do expediente dedúcense como feitos probados que Luis Alonso González non destina a vivenda a domicilio habitual e permanente e que esta está ocupada efectivamente por persoa distinta do seu titular.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para resolve-lo expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do instituto, e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica do organismo antedito.

2. Os indicados feitos probados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de VPO, e no artigo 138.6º do regulamento, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Acordo:

A resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido da vivenda identificada co expediente C-79, conta número 5, da que é titular Luis Alonso González, por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados con mención dos requisitos esixidos polo artigo 48.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

En Santiago de Compostela o 20 de marzo de 2000. José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.».

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo