Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de abril de 2000, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Cándido Pazos, S.L. e dez máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio desde anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 5 de abril de 2000.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData dilixenciaDescrición do ben

Cándido Pazos, S.L.B1517179627-3-2000Pa cargadora, C-93932-VE, Toyota

Cándido Pazos, S.L.B1517179627-3-2000Vehíc. C-2323-AG, Seat Trans

Cándido Pazos, S.L.B1517179627-3-2000Vehíc. C-5093-AX, Mercedes MB 140

Espiñeira Hermanos, S.L.B150179575-4-2000Vehíc. C-2318-AU, Citroën C 15D

Espiñeira Hermanos, S.L.B150179575-4-2000Vehíc. C-44075, Ebro

Espiñeira Hermanos, S.L.B150179575-4-2000Vehíc. C-5226-T, Ford Fiesta

Espiñeira Hermanos, S.L.B150179575-4-2000Vehíc. C-63586, Ebro

Lafuteco, S.L.B151702284-4-2000Vehíc. C-2103-BB, Renault Express

Lafuteco, S.L.B151702284-5-2000Vehíc. C-3108-BB, Renault Express

Lafuteco, S.L.B1517022818-5-1999Vehíc. 9168-AU, Renault Express

Vázquez Vázquez, María Clara32396521D17-3-2000Traspaso posto 40 Mer. S. Agustín