Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.967

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residencia de Ancianos Nuestra Señora del Carmen, de Sarria.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Residencia de Ancianos Nuestra Señora del Carmen (código 2700762), de Sarria, da provincia de Lugo, asinado o día 24 de marzo de 2000, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mentada revisión á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de abril de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

Pola empresa:

Martín Balboa Fdez. (34.143.277).

Victoria López Díaz (34.252.373).

Rosa Merino Conde (10.537.186).

Pola parte social:

Amalia Toirán Armesto (76.613.675).

Delegada sindical de CC.OO. (100%).

Manuel Fdez. Vicente (34.248.267).

Luis Anxo Fdez. Pena (33.832.404).

Asesores de CC.OO.

En Sarria, sendo as 17.30 horas do día 24 de marzo do ano 2000, xúntanse nos locais da Residencia de Ancianos Nuestra Señora del Carmen de Sarria as persoas indicadas na marxe, integrandes todas elas da mesa de negociación para a revisión salarial do presente ano que se recolle no artigo 2 do vixente convenio colectivo para o persoal da Residencia de Ancianos Nuestra Señora del Carmen de Sarria, e despois de amplas deliberacións adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aplica-la cláusula de revisión, tendo en conta que a suba salarial que se asinou para o ano 1999 foi do 2,25% e que IPC do ano 1999 foi dun

2,9%, producíndose polo tanto unha diferencia do 0,65%, que terá carácter consolidable e se recuperará desde o 1 de xaneiro de 1999.

Segundo.-Aplicar unha suba salarial, sobre tódolos conceptos retributivos do persoal, na contía do 2,6%, co cal as táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo para o persoal da Residencia de Ancianos Nuestra Señora do Carmen de Sarria son as que se indican na folla anexa á presente acta.

Terceiro.-Acórdase finalmente, remiti-la presente acta e táboas salariais para 2000 á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión, sendo as 18.30 horas da data indicada ó comezo.

Pola empresa:

Martín Balboa Fernández.

Rosa Merino Conde.

Victoria López Díaz.

Por CC.OO.:

Amalia Toirán Armesto.

Manuel Fernández Vicente.

Luis Anxo Fernández Pena.

ANEXO

Residencia de Ancianos Nuestra Señora del Carmen

de Sarria

Táboas salariais para o ano 2000

CategoríasSalario

base

Complemento de asistenciaComplemento de domingos e festivos

Auxiliar de clínica97.96211.6025.915

Cociñeira97.96211.6025.915

Axudante de cociña91.97511.6025.915

Camareira-limpadora91.97511.6025.915

Oficios varios91.97511.6025.915