Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.945

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de maio de 2000 pola que se dispón o cesamento de membros da unidade de referencia dos CMBD Sociosanitarios.

A Orde do 23 de marzo de 1999 crea a unidade de referencia dos CMBD Sociosanitarios co obxecto de mante-la normalización dos sistemas de información e unificación dos criterios de codificación.

Os Conxuntos Mínimos Básicos de Datos (CMBD) son unha agrupación de datos de fácil obtención, orientados a producto e deseñados para tratamento informático, con aplicacións a nivel asistencial, de xestión dos propios centros, de planificación, epidemiolóxico e de investigación. Para que todo isto se poida facer, os CMBD deben reunir unha serie de características, como son exhaustividade, ser elaborados con criterios uniformes de normalización de codificación e persoal con formación homoxénea.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren os artículos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único: que cesen como membros da unidade de referencia dos CMBD Sociosanitarios as persoas seguintes:

Vocais:

-Designada pola Subdirección Xeral de Información Sanitaria:

Mª Carmen Blanco Ramos. Servicio de Análise de Sistemas de Información.

-En representación dos hospitais de media estadía:

Nieves Rodríguez Sánchez. ATS/DUE do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-En representación das residencias da terceira idade ou centros de minusválidos:

Otilia González López. ATS/DUE Residencia da 3ª Idade. Castro de Ribeiras de Lea.

Blanca Tena. ATS/DUE da residencia da 3ª Idade de Vigo.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais