Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 20 de maio de 2000 Páx. 7.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de abril de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación para a posible ampliación do expediente 20/1977, de clasificación dun monte.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase a ampliación do expediente de clasificación número 20/1977, que en conxunto reuniría as características que a seguir se indican:

Denominación: monte: Teso do Curro, O Castro e Valdofoxo, Freixedo, Tralo Marco, Restre, Tralo Chao, Serra Debaixo e Lamela.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Goó.

Concello: O Incio.

Superficie: 83 hectáreas.

Estremas e perímetro da parcela nº 1 - Teso do Curro - 0,7 hectáreas:

Norte: camiño público. Leste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó. Sur: predios particulares de veciños da parroquia de Goó e predios particulares de veciños do lugar de Bermún (parroquia do Viso). Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó.

Estremas e perímetro da parcela nº 2 - O Castro e Valdofoxo - 42 hectáreas:

Norte: estrada desde Bermún (parroquia do Viso) a Rubián, predios particulares da parroquia de Goó e predios particulares do lugar de Buxán (parroquia do Viso) e camiños de servidume. Leste: predios particulares da parroquia de Goó. Sur: predios particulares da parroquia de Goó e predios particulares de veciños do lugar de Lebaste. Oeste: estrada do Incio a Rubián, predios particulares do lugar de Pereira, predios particulares de Viloira (parroquia de Satalla de Bardaos), predios particulares de veciños da parroquia de Goó e predios particulares de veciños de Buxán (parroquia do Viso).

Estremas e perímetro da parcela nº 3 - Freixedo-8 hectáreas:

Norte: predios particulares de veciños da parroquia do Viso e camiño de servidume. Leste e sur: camiño de servidume e predios particulares da parroquia de Rendar. Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó.

Estremas e perímetro da parcela nº 4 - Tralo Marco-1,3 hectáreas:

Norte e oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Goó. Leste: predios particulares de veciños da parroquia de Rendar. Sur: estrada de Rendar ó Incio.

Estremas e perímetro da parcela nº 5 - Restre-1,5 hectáreas:

Norte, leste e sur: predios particulares dos veciños da parroquia de Goó. Oeste: estrada de Goó a Vilasouto e predios particulares dos veciños da parroquia de Goó.

Estremas e perímetro da parcela nº 6 - Tralo Chao-2,5 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: pistas de servicio e predios particulares dos veciños do lugar de Lebaste.

Estremas e perímetro da parcela nº 7 - Serra de Abaixo - 24 hectáreas:

Norte: estrada desde Bermún (parroquia do Viso) a Rubián e predios particulares do lugar de Lebaste. Leste: predios particulares do lugar de Lebaste. Sur: estrada do encoro de Vilasouto. Oeste: devasa perimetral do monte de Vilasouto, elenco nº 2715021, conveniado coa Xunta de Galicia.

Estremas e perímetro da parcela nº 8 - Lamela-3 hectáreas:

Norte: predios particulares dos veciños do lugar de Pereira. Leste: predios particulares do lugar de Lebaste. Sur e oeste: pista de servicio e predios dos veciños do lugar de Pereira.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 14 de decembro de 1999 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de apli

cación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible ampliación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 24 de abril de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo