Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 20 de maio de 2000 Páx. 7.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 12 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador 34/2000 Man, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido da iniciación do expediente sancionador nº 34/2000 Man, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 12 de abril de 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 34/2000 Man.

Último enderezo coñecido: Laxe do Pan, nº 4, A Illa de Arousa, Pontevedra.

Feito denunciado: carecer de carné de manipulador.

Precepto infrinxido: R.D. 2505/1983, do 4 de agosto, regulamento de manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción imposta: 25.000 ptas.