Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Sábado, 20 de maio de 2000 Páx. 7.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/61-2, 5400 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Insua Vella e Insua Nova.

Situación: Alfoz.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a C.T. de Insua Vella a 20 kV en conductor LA-56, de 654 m de lonxitude. L.M.T. aérea a C.T. de Insua Nova a 20 kV en conductor LA-56, de 44 m de lonxitude. C.T. de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón, de 3.055 m de lonxitude total.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo