Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. e R.B.T. R.T.R. en calzada das Gándaras.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z., de 45 m de lonxitude. Centro de transformación de 630 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V., de 180 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 29 de marzo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo