Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Cabanas, Santalla de Bóveda, de Mera.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56, sobre tres torres metálicas de 36 m de lonxitude. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. cunha lonxitude de 380 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 28 de marzo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo