Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 2 de maio de 2000, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto con mellora, sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996), coas modificacións introducidas pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, para o contrato coas características que se sinalan a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: acondicionamento do camiño de Beltrán a Vila.

2. Tipo de licitación: 8.760.000 ptas. (IVE incluído).

3. Partida: 461.

4. Prazo de execución: 2 meses.

5. Clasificación do contratista: G-6-C.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, Xove).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais.

8. Fianza provisional: 175.200 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra cofinanciada incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal do ano 2000.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 10 de maio de 2000.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Modelo de proposición.

D.... con domicilio na rúa nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF nº..., e con domicilio en..., nº teléfono...) toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de..., e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta formulada pola Administración que se sinalan..., e que se compromete á realización de unidades de obra adicional para determinar pola Administración, polo importe total de... (en letra e en número ptas.) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

4) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por:....

En..., ... de...de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).