Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/42-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Domicilio social: Avda. A Tomé, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV e C.T. de 100 kVA en Rebordelos.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.137 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte do apoio anterior ó C.T. Buxán e final no C.T. que se construirá en Rebordelos.

C.T. aéreo de 100 kVA a 15/20 kV e 380-220 voltios. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 11 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña