Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. e centro de reparto para Foxas.
Situación: A Pontenova.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor D.H.V., de 115 m de lonxitude, e centro de reparto.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 20 de marzo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo