Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o proxecto do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de abril de 2000.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión con data do 27 de abril de 2000 e por proposta da Dirección Xeral de Transportes, declara-lo proxecto do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, como incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da dita lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades oficiais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto do centro Loxístico de Transportes de Culleredo.

De acordo co artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia,

durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán examina-lo dito proxecto no Servicio Provincial de Transportes da Coruña, sito na estación de autobuses, r/ Alférez Provisional s/n, así como face-las alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes