Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución e modificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 67, do 5 de abril de 2000, cómpre efectua-las correccións oportunas.

Na páxina 4.736, na columna da esquerda, no sumario da resolución, onde di:

«Resolución do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente

de substitución e modificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.», debe dicir:

«Resolución do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de modificación da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7040; XG-414».

Na liña 8 do texto, onde di: «... iníciase expediente de substitución e modificación da concesión... », debe dicir: «... iníciase expediente de modificación da concesión... ».

Na liña 15 do texto, onde di: «Na tramitación deste expediente terase en conta este proxecto e non o sometido... », debe dicir: «Na tramitación deste expediente terase en conta este proxecto así como o proxecto de substitución, sometido... ».