Convocada, pola Orde do 1 de febreiro de 2000 (DOG nº 30, do 14 de febreiro), a provisión, polo
sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 1 de febreiro de 2000 (DOG nº 30, do 14 de febreiro).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Abalde Iglesias, Mª José.
NRP: 3604944113 A2207.
Grupo: D.
Nivel C.D.: 16.
Posto de traballo: secretaria do director.
Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.
Localidade: Vigo.