Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de abril de 2000 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico a Ofrenda do Reino de Galicia ó Santísimo Sacramento de Lugo.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de abril de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo, a Ofrenda do Reino de Galicia ó Santísimo Sacramento en Lugo, de conformidade co establecido no Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas

ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo